Apostamos pola simplicidade. As tarifas milagre deixámosllas a outros.

A luz ten 24 prezos ao longo do día. Así a todo, as grandes comercializadoras fan negocio cos prezos fixos e as tarifas planas, gañando nos momentos do día nos que a luz é máis barata.

O bo de ser pequenos é que coñecemos a cada cliente e preocupámonos polo seu subministro como se fose o da nosa casa.

A factura é sinxela de entender e tes a garantía de que non che vendemos servicios engadidos. Pagarás sempre o mínimo a longo prazo. Nos ganañamos 4€ ao mes polos custos de xestión e aplicamos unha pequena marxe na potencia

Non temos permancia, podes probarnos e, se non estamos á altura ou non cumprimos a nosa palabra podes marchar cando queiras.
A luz subástase durante as 24 horas do día, polo que cada hora ten un prezo. Estes prezos divídense en tres períodos: punta, chaira e val. O prezo da subasta é máis caro nas horas punta e máis barato no resto de períodos. Na seguinte imaxe mostrámosche que horas abarca cada un destes períodos.

Se xa eres usuario Bumeran, por unificar as túas enexías con Galuresa, terás premio.
O teu usuario Bumeran subirá de nivel e poderás aforrar practicamente o dobre do que estabas acostumado.
O desconto directo en carburante pasa de 5 céntimos por litro a 8 céntimos por litro.
O saldo que acumulabas en gasolina gratis con cada compra en tenda pasará do 5% ó 10%.


Non, en menos de 10 minutos tramítase o cambio, e en 72 horas apróbao a distribuidora.
Os datos básicos de contacto, o CUPS do subministro (que podes atopar en calquera factura) e o número de conta onde domiciliar os pagos.
Non, baixo ningún concepto se realiza un corte de subministro. Non tes de que preocuparte.
Si, a contratación pode facerse por teléfono ou de forma presencial en calquera das nosas estacións ou oficinas. Aquí tes un enlace onde consultar as localizacións.
Se aínda tes dúbidas, non te preocupes. Revisaremos os teus patróns de consumo e contarémosche como se adapta a nosa tarifa aos teus hábitos.
© 2026 Todos os dereitos reservados